O impacto dos produtos menstruais dun só uso, pretende visibilizar cuestións socio-ambientais relacionadas:
-Que din as evidencias sobre os impactos ambientais?
-Cal é o balance económico da liña de produción e comercialización destes produtos?
-Hai problemas de saúde directamente relacionados co seu uso?
Semana MenstruoAmbiental, do 22 ao 26 de novembro. Programa:
- Martes 23 novembro 2021. 19:00h. Palestra “Unha perspectiva-económico financeira: taxa rosa, pobreza menstrual e custe de xestión de residuos”. Facilitada polo Comité Green Campus e a Oficina para a Igualdade de Xénero da Fac. de Economía e Empresa UDC
Visualiza a gravación na canle YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=U3wvhfzszTw&t=9s
- Mércores 24 novembro 2021. 19:00h. Palestra sobre os impactos ambientais dos produtos dun só uso: uso de materiais, auga e enerxía, emisións de CO2, residuos, lixo mariño. Facilitada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC.
Visualiza a gravación na canle YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=ts8nSgfVP7s
- Xoves 25 novembro 2021. 18:00h. Palestra sobre redución e reutilización, orientada á posibilidade de elaborar compresas de tea como alternativa*. Facilitada por ProxectoIniciativas que son desarrolladas en los laboratorios ciudadanos por equipos de trabajo interdisciplinares, con el apoyo de los mentores y mediadores.... Xerminando.
Visualiza a gravación na canle YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=lT2l_dJG7SI
*No primeiro trimestre do 2022 completarase cun obradoiro práctico para a elaboración de “comprestelas”
- Sábado 27 novembro 2021. 11:00h. Voluntariado ambiental: limpeza da praia de Bens, facendo mostraxe e inventario dos produtos menstruais encontrados. Monitorizado por Retoque Retro e Mar de Fábula.
- Voluntariado ambiental en praias, para a sensibilización na problemática dos residuos hixiénico-sanitarios que aparecen cada día nos areais galegos. Ata o 31 de decembro de 2021. Dedicación aproximada 1h/semana. Monitorizado por Retoque Retro. Poderá estenderse o voluntariado durante todo o curso 2021/2022, con posibilidade de obter certificado de Voluntariado Ambiental expedido pola OMA-UDC.
- Inscríbete: info@retoqueretro.org
- EMPREGA O SEGUINTE FORMULARIO PARA FACER O INVENTARIO DE MOSTRAXE EN PRAIAS: https://forms.office.com/r/7f2r6gcsai