/ Proyectos / Capa Rossa

Capa Rossa

Proxecto basado na colección de ilustracións capa.rossa, que ten como finalidade visibilizala menstruación e traballar sobre o ciclo menstrual. O obxectivo principal do proxecto é a facilitación da concienciación sobre a necesidade do auto-coñecemento na menstruación.
Descripción

Este proxecto está ligado á colección de ilustracións capa.rossa, que xiran en torno á temática da menstruación. O principal obxectivo desa colección de ilustracións é visibilizar problemáticas e tabús que afectan ás persoas menstruantes.

Con base a estas ilustracións, abriranse diferentes temas de traballo e debate co fin de reflexionar sobre as nosas corpas.

O proxecto dividirase en dúas sesións:

Na primeira sesión tratarase información básica sobre a menstruación, debatirase sobre posibles orixes do tabú e dos mitos que xiran en torno a ela. Traballarase sobre as ideas básicas do ciclograma e os arquetipos coa finalidade de que cada participante elabore o seu propio ciclograma completo durante o presente ciclo menstrual.

A segunda sesión terá como finalidade principal compartilos ciclogramas realizados e debatir sobre eles e sobre os mitos en torno a menstruación que se asocian ao ciclo. Tamén se debatirá sobre métodos de contención menstrual.

As ilustracións pódense consultar nos seguintes enlaces:

https://www.instagram.com/capa.rossa/

https://caparrossa.wordpress.com/

A qué necesidades responde
- Visibilizar e normalizala menstruación entre a poboación por medio da experimentación artística e o debate - Facilitar ferramentas para o coñecemento do propio ciclo menstrual e dos cambios subxacentes - Concenciar sobre métodos de contención menstrual sostibles co medioambiente e menos disruptivos coas propias corpas - Desacreditar mitos asociados á menstruación
Necesidades
Materiales
Herramientas

Colaboradores/as del proyecto

.

Documentación

.

Documentación colaborativa

Consulta la documentación viva del proyecto:

Otros proyectos en el mismo Laboratorio

.

Diálogos en vermello
Faladoiro online para por en común perspectivas ó redor da comunicación feminista con fin de elaborar un decálogo que oriente sobre cómo falar da menstruación en redes
Menstruación y Universidad: retos y sinergias
Formular posibles iniciativas e modos de actuar para incluir a menstruación na axenda institucional, afianzar sinerxias, estudar políticas doutras Universidades e colaboracións con proveedores de produtos menstruais ecosaudables
O SANGUENTO IMPACTO DOS PRODUTOS MENSTRUAIS DUN SÓ USO
Denunciar os graves impactos dos produtos menstruais dun só uso: impactos ambientais, sociais e económicos, producidos polo consumo e eliminación destes produtos, en termos de produción e xestión de residuos, contaminación e pegada ecolóxica, en termos de amparo legal e estudo económico, e en termos de sanidade e saúde.
EU POEMAS, ARTIVISMO E MENSTRUACIÓN
Aproximación ás nosas epifanías menstruais a través da expresión poética. Afondaremos na utilización de novas metodoloxías para unha análise cualitativa da investigación en cuestións que teñen como punto nuclear a mestruación e o corpo: poesía, fotografía ou colaxe.
EducAcción menstrual, feminista, sustentable e global
El objetivo del proyecto es visibilizar las realidades que viven las mujeres en otros países y cómo el hecho de menstruar puede llegar a vulnerar sus derechos. Además de promover una campaña de sensibilización con la comunidad universitaria respecto a esta temática.
Imágenes que manchan: fotografía participativa y menstruación
El objetivo del proyecto es desenvolver un proceso de fotovoz para construir una narrativa colectiva que vincule lo persoal y lo social a través de la producción de imágenes sobre la menstruación y compartir este procedimiento metodológico para cuestionar las formas opresivas de representarla e vivenciarla.

¿qué quieres encontrar hoy?

Ir al contenido