Laboratorios Bibliotecarios (LABBBs) é un proxecto impulsado pola Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Ministerio de Cultura). Nace en 2017 en colaboración con Medialab Prado co obxectivo de reforzar a idea da biblioteca como un espazo de encontro da cidadanía para o desenvolvemento de proxectos en común. E facémolo cunha perspectiva teórico-práctica.

Cada ano organizamos xornadas profesionais para tratar temas relacionados coa innovación en bibliotecas. Desde 2019 e con carácter bienal poñemos en práctica a metodoloxía deseñada por Medialab Prado e que adaptamos a bibliotecas para montar un laboratorio bibliotecario. Desde 2020 e con carácter anual impartimos o curso “Como montar un laboratorio cidadán nunha biblioteca e noutras institucións culturais” co obxectivo de ofrecer unha formación de calidade e gratuíta a persoas e institucións que queiran organizar un laboratorio e apoiar a súa posta en marcha.

En xaneiro de 2023 constitúese o Grupo de Traballo de Laboratorios Bibliotecarios para asesorar o avance do proxecto.

En 2024 poñemos a disposición da comunidade bibliotecaria o modelo Bibliotecas Hexagonais. É unha ferramenta que permite facer dous autodiagnósticos, un da biblioteca e outro de cada un dos seus profesionais, para coñecer ata que punto está preparada para a innovación. E propón un itinerario para mellorar estas habilidades, con distintas metodoloxías.

Participa

O funcionamento da web de labsbibliotecarios.es é extremadamente sinxelo. Ao crear unha conta, o teu rol dentro da páxina será o de participante. Este rol só che permitirá interactuar con outros membros da comunidade a través do foro. Se queres subir un laboratorio ou un proxecto, ou figurar como mediador/a ou colaborador/a só tes que cambiar o teu rol dentro do teu perfil.

CONECTA

No momento en que te rexistras en labsbibliotecarios.es créase automaticamente unha conta co mesmo correo electrónico no Foro dos LABBBS. Desde aí poderás interactuar co resto de participantes.

INSPÍRATE

COÑECE OS LABORATORIOS E PROXECTOS REALIZADOS

¿qué quieres encontrar hoy?

Ir al contenido